Cantigas

(2019)

English | Español

Ilustracións inspiradas na poesía medieval galego-portuguesa.


Morrerei fremosa no mar maior

(Morrerei fermosa no alto mar)
Inspirada no poema “Sedia-m’eu na ermida de San Simión”, escrito por Meendinho. O texto da ilustración vén a significar o seguinte:

E rodeáronme as ondas do alto mar
non teño barqueiro nin sei remar.
Eu esperando ao meu amigo.
Non teño barqueiro nin remador
morrerei fermosa no alto mar.
Eu esperando ao meu amigo.


Ua moça namorada dizía un cantar d’amor

(Unha moza namorada cantaba unha cantiga de amor)
Inspirada no poema escrito por Lourenço.


Ca meu dano sería de viver máis un día

(Pois a miña desgraza sería vivir un día máis)
Inspirada no poema “Eu nunca dormio nada” (Eu nunca durmo nada), escrito por Joan Lopez d’Ulhoa. O texto da ilustración traduciríase así:

El, que tanto tarda,
se ten outro amor
que non sexa o meu, querería
morrer hoxe mesmo.
Pois a miña desgraza sería
vivir un día máis.


Volver Arriba

Volver a Ilustración adultos