Cocotibur

(2021)

English | Español

Ilustracións para “Cocotibur“, libro de literatura xuvenil publicado por Edicións Xerais de Galicia.

A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral. A imaxinación, os mitos, a maxia e os costumes populares están presentes no desenvolvemento dos funestos acontecementos que se narran, e que teñen como escenario principal a histórica enseada de San Simón.


A desaparición dunhas rapazas causa conmoción na vila de Redondela.
Xan lidera a busca das desaparecidas.
Chegan a Cangas para buscar pistas sobre os estraños feitos.

Un vello mariñeiro conta como as rapazas foron tragadas polo mar.
Un monstro mariño ataca a barca de regreso a Redondela.
As nenas desaparecidas.
Comeza a forxa de sete espadas.
Mariña recibe unha visita inesperada tras bañarse na fervenza de Reboreda.
Atopan a Cocotibur.
Sete mariñeiros con espada acurralan a Cocotibur.
Cocotibur e Xan míranse aos ollos antes de que chegue o final.
O cadáver de Cocotibur é levado en procesión pola vila entre música e bailes.
Detalle

Volver Arriba

Volver a Infantil/Xuvenil