(2022)
Algunhas das ilustracións para “Lingua 5”, un libro de texto de Lingua Galega de 5º de educación primaria publicado por Edicións Xerais.
Este é o aspecto final do libro:



Romance da Bela Rosa
Ilustracións para acompañar a letra desta canción composta e interpretada por SÉS.


María Pita
María Pita foi unha heroína na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica no ano 1589.
Na primeira escena, as tropas inglesas asaltan a muralla da cidade e matan ao seu marido.
Na segunda imaxe, chea de rabia pola morte do seu marido a mans inglesas, arrebata unha lanza e con ela mata ao alférez que dirixía o asalto, que era o irmán do Almirante Francis Drake. Con iso desmoralizou á tropa inglesa e provocou a súa retirada.


Mitos e lendas
Primeira ilustración: o mito de Narciso.
Segunda ilustración: a lenda da Buserana.
Invocado pola súa amada, o trobador Buserán emerxe sobre unha xigantesca onda da furna á que fora guindado, e xuntos mergúllanse nas fondas escuridades da furna, chamada dende entón a Buserana, dende onde seguen soando as súas cantigas de amor.


Maruja Mallo
Pintora surrealista galega que viviu entre 1902 e 1995. Ilustracións que mostran a evolución da súa carreira artística.


Artistas galegas
Primeira ilustración: Paula Carballeira, escritora, actriz e contacontos.
Segunda ilustración: SÉS, cantante e compositora.


Outras ilustracións en formato vertical
Primeira ilustración: Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, o inventor das pinzas dos tirantes, fascinado polo Empire State Building.
Segunda ilustración: xente andando.


¡Pra a Habana!
Ilustración para acompañar o texto do famoso poema de Rosalía de Castro sobre o emigrante que deixa todo atrás.

Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Galego emigrado aos Estados Unidos a principios do século XX que inventou as pinzas dos tirantes. Nesta escena, presentando o seu invento.

As Sensombreiro
Maruja Mallo, pintora surrealista galega, xunto con Federico García Lorca, Dalí e Margarita Manso, sacan o sombreiro na Puerta del Sol de Madrid en 1920 nun xesto de rebeldía que pretendía romper as normas e liberar as ideas.

Xelís
Aquela botella de mar non tiña nada que ver coas outras.
Fragmento do libro “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros.

Un vento furioso

Bruxas e meigas

O rato e o león
O pequeno e débil rato libera da súa trampa cos dentes ao poderoso león, gañando o seu respecto e agradecemento.

Un rato durmindo nun burato

Historia da lingua galega
A evolución do latín, os Séculos Escuros, o Rexurdimento e a valorización contemporánea.
A área en branco na esquina superior esquerda reservouse para o texto.

Volver Arriba
Volver a Infantil/Xuvenil