Maldiño

(2023)

English | Español

Maldiño, a vergoña da familia” é o meu primeiro libro ilustrado e está dirixido ao público infantil. Escrito e ilustrado por min, foi publicado por Antela Editorial en galego.

Os pais de Maldiño esperan que manteña unha curiosa tradición familiar, pero só conseguen que os decepcione unha e outra vez. Poderá Maldiño ser feliz a pesar de todo?
Unha historia sobre expectativas, autocoñecemento e aceptación para descubrir que cambiar vellas dinámicas é posible.

O libro recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2025 na categoría de libro infantil.
Este premio literario está organizado por Escolas Católicas de Galicia, e é o propio alumnado o que escolle as obras gañadoras.


Cuberta.
Algunhas das ilustracións para páxinas interiores.


Volver Arriba

Volver a Infantil/Xuvenil